O Departamento de Orientación (DO) é un servizo interno de atención á diversidade existente nos centros educativos que presta apoio ao profesorado e ao resto da comunidade educativa. Actualmente existe en todos os centros de secundaria e tamén naqueles centros de primaria de máis de 12 unidades. Cando os centros teñen menos de 12, contan con departamento de orientación compartida e, se teñen menos de seis unidades, figuran adscritos a outro Centro Educativo de Intantil e Primaria (CEIP). Quen o compón? O Departamento de Orientación dos CEIP ten a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Ao abeiro deste decreto no noso centro queda como sigue: Xefa do Departamento. Profesorado de apoio (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe). Profesorado responsable ou coordinador de ciclo. No momento actual non hai centros adscritos ao colexio, po...