F orientacióncondesa: CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

martes, 26 de mayo de 2015

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Consellería de Traballo e Benestar organiza uns campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.



Permiten gozar, durante 10 días, dunha estancia socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Esta actividade destínase as persoas que teñan recoñecida a condición de discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

As datas dependen da idade do solicitante, posto que se lle asignará un grupo en función da mesma.

O prazo de solicitude está aberto  ata o 10 de xuño de 2015.




Máis información no seguinte enlace.


1 comentario :

  1. Moitísimas grazas pola información, Natalia. Pásolla aos meus compañeiros do outro cole. Unha aperta e moi boa semana.

    ResponderEliminar

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest