F orientacióncondesa: PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

miércoles, 29 de abril de 2015

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

Educación convoca para os días 27 e 28 de maio as probas de avaliación individualizada de 3º de primaria establecidas pola LOMCE.

Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelán. 

Segundo a información aportada pola Consellería, non se trata de medir os coñecementos do alumnado nas materias específicas, senón as súas destrezas nas áreas de comunicación lingüística e matemática.

Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.

A proba non terá efectos no expediente académico do alumnado e servirá para mellorar a calidade educativa.

Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, do alumnado e das familias.

En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular dun alumno.

O vindeiro día 30 publicarase no DOG, aínda que xa se poden consultar as instrucións para realizar as probas no seguinte enlace:





1 comentario :

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest