Pode que este sexa o fin de curso máis atípico que vivíramos ata o momento. Acaban as clases, pero sen regresar ás aulas. Toca despedirse do curso que remata, pero no voso caso tamén do cole no que pasastes os últimos anos. A este curso estrano faltáronlle moitas cousas, entre outras a despedida presencial que a todos nos houbera gustado: con festa, bicos e apertas. Mais o confinamento motivado pola crise do coronavirus fixo que a vosa despedida do colexio e dos vosos compañeiros/as fose virtual e moi distinta a como acostumamos celebralo no colexio. Pero tamén única e especial! As despedidas sempre nos poñen un pouco tristes, sen embargo esta ten que ser motivo de alegría, porque coroa todo o traballo que levades realizado e porque pecha unha etapa, pero dá comezo a outra tamén chea de cousas bonitas. Toda a sorte do mundo na vosa nova andaina! Como sabedes, a próxima semana teremos unha videoconferencia coas vosas familias para falar do paso a Educ...