Publicacións

SAÚDE EMOCIONAL DO ALUMNADO. AXUDA PARA FAMILIAS E AUTOAVALIACIÓN DO ALUMNADO

Imaxe
Material elaborado pola orientadora educativa Cinta Rodríguez , coñecida como "a orientadora das infografías", que ela deu en chamar  cintoritas. Destinado, orixinalmente, ao alumnado de Primaria e as súas familias. Contén reflexións, consellos e pautas para aplicar en familia, así como actividades para coidar a saúde emocional dos nenos/as na situación de semi-confinamento. A orientadora comparte outra "cindorita", relacionada coa auto-avaliación do comportamento e a saúde emocial do alumnado durante a corentena, a través dunha diana de avaliación. Fonte: CEDEC Intef Vía: Orientación en Galicia

CREAR GRUPO PRIMARIA

Estupendo material elaborado polo Gabinete de Convivencia coa colaboración do Área de Acción Titorial do ETPOEP de Jaén. Trátase dunha presentación interactiva cun Plan de Acollida,  para o alumnado de Primaria, adaptado á nova normalidade na que deberemos convivir co COVID 19. Dedica especial atención á creación de vínculos entre o profesorado, en definitiva, como o seu nome indica, á creación de grupo.

DOCUMENTOS PARA AFRONTAR O PROCESO DE DESCONFINAMENTO E AS SÚAS POSIBLES CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS

Imaxe
Documentos elaborados polo Grupo de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes do Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid para axudar a afrontar o proceso de desconfinamento. Recomendacións para a saída do confinamento con nenos/as e adolescentes Pautas ante as saídas á rúa dos menores de 14 anos e as posibles dificultades que poidan xurdir ante ese feito: non querer saír, evitar usar os guantes e as mascarillas, sentir medo ao contaxio, etc  Guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desconfinamento E AGORA QUE? Posibles consecuencias psicolóxicas que se poden dar ante o desconfinamento e recomendacións e estratexias para afrontar a nova situación.

MÁIS ALÓ DO BALCÓN: CANDO AS NOTICIAS ASUSTAN E NON ENTENDO NADA

Imaxe
Material elaborado pola profesora Miriam Leirós e ilustrado por Eva Prol Sanjurjo. Tenta traballar o coronavirus co alumnado desde unha perspectiva emocional, axudándolles a reflexionar sobre o que senten e sobre o que ocorre ao seu redor.

VOLVEMOS PASEAR

Imaxe
A partir deste domingo os nenos e nenas, despo is de varias semanas de confinamento, poderedes saír de novo á rúa. Sei que algúns de vós estades un pouquiño  preocupados porque, ata agora, as persoas adultas estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os demais. Nas vídeo-conferencias cos vosos/as profes, moitos/as de vós fixéstesnos partícipes do temor de volver a saír á rúa: "E se me contaxio? E se  contaxio a algún membro da miña familia?" Esas foron algunhas das preguntas que nos fixestes. É normal. Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria.  Os adultos agora dicimos que podedes saír. E vós preguntarédesvos: Se o virus segue aí, entón porqué saímos? Pois veredes, farédelo porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e mental.  Moitos  de vós queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmi...

QUE AS TÚAS EMOCIÓNS NON QUEDEN CONFINADAS

Imaxe
Manual para axudarlle aos nenos e nenas a expresar,  de xeito saudable e divertido, as  emocións que xorden durante o confinamento.  A autora da guía é a psicóloga Vanessa Bielsa e as ilustracións son de Miguel Bielsa.  Publicado polo Instituto Aragonés de la Mujer.  Para acceder á guía, pincha na imaxe.

GUÍA PARA FAMILIARES EN DUELO POR COVID-19

Imaxe
Comparto convosco esta guía dedicada ás persoas que, por desgraza, están a pasar por unha situación de duelo debido a morte dun ser querido por COVID-19. O documento elaborouno o Grupo de Trabajo de Duelo y Pérdida de la Delegación de Sevilla del COP Andalucía Occidental.  Pretende acompañar no sentimento a todas esa persoas e mitigar a soidade que poidan sentir.  Ademais tenta dar unhas pautas, para os adultos e para os nenos/as, co fin de axudar a afrontar o duelo pola morte dun familiar. Si a despedida dunha persoa querida xa é u proceso difícil, hai que engadirlle a  situación de distanciamento social que estamos a vivir como consecuencia do confinamento, que a altera por  completo e faina máis difícil. Pinchade na imaxe para acceder á guía.