Publicacións

CALENDARIO 2013: AS COMPETENCIAS EN APRENDIZAXES BÁSICOS PARA A VIDA

Imaxe
Interesante calendario para o ano 2013 editado pola CEAPA en que cada mes vai ligado a unha competencia básica. Esta iniciativa, que se leva a cabo desde vai catro anos, pretende mostrar ás familias que tarefas poden realizar na casa para traballar as competencias. Suxire distintas actividades para cada día do mes en relación cunha competencia, co fin de reforzalas dun xeito lúdico. Algúns días propón ler xuntos unha poesía, outros facer a cama, visitar un lugar novo da cidade... Se queredes poñelo en práctica, premede na imaxe para descargalo. Para a versión PDF, pincha aqui

OpenDyslexic

Imaxe
A entrada de hoxe é para presentarvos unha tipografía  gratuíta de código aberto especialmente indicada para  persoas con dislexia. Trátase de OpenDyslexic e creouse para aumentar a lexibilidade dos lectores con esta dificultade. Os caracteres desta tipografía teñen unha forma única que realza os trazos das letras que poden resultar ambiguas. Ademáis o espaciado, lixeiramente máis ancho, evita as dificultades que adoitan presentar os lectores disléxicos ou as persoas que se atopan en etapas de aprendizaxe da lectura. Aínda que moitos factores que afectan á lectoescritura están fóra do noso control, podemos contribuír a facilitar a lecturabilidade dun texto e, o uso desta tipografía parece ser unha axuda a este respecto. Se tes interese en descargala, preme no seguinte enlace . Descarga o arquivo ZIP e despois de descomprimilo, engade esta nova fonte no apartado Fonts do teu sistema operativo. Fonte: Fonoaudiología

SOY TU AMIGO DANIEL

Imaxe
Conto realizado pola nai dun neno con autismo, que tenta dar a coñecer certas características propias deste trastorno aos compañeiros e compañeiras do seu fillo. Paréceme unha boa iniciativa para traballar cos pequechos, porque, se nos molestamos en saber algo máis sobre as persoas autistas, desterraremos moitos dos prexuízos que hai sobre elas. Cuento Soy Tu Amigo DANIEL by Asociacion Esperanza para el Autismo (EPA) Tamén vos pode interesar o libro sobre o mesmo tema de Anabel Cornago. Déixovos o enlace á entrada deste blog para acceder a el. E por si queredes máis información, aquí queda unha entrada que desmonta os mitos sobre o autismo , realizada por Cristina do blog La princesa de alas rosas.

PAUTAS PARA CREAR DOCUMENTOS DE LECTURA FÁCIL

Imaxe
Información para todos é unha guía froito do  proxecto europeo Pathways, traducida ao español pola FEAPS, que  pretende difundir as pautas para crear escritos de lectura fácil.  A lectura fácil é un método de adaptación e e redacción de textos que pretende facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión. Polo tanto, o obxectivo final desta guía é conseguir redactar  textos que poidan ser facilmente lidos e comprendidos por todos. Aínda que está pensada para persoas con dificultades intelectuais, tamén pode ser útil para outros colectivos: alumnado con dificultades de lectoescritura, persoas que non falan español, etc Facer información fácil de ler e comprender debería ser un reto  para todas as persoas que nos dedicamos ao ensino, para as administracións e para os creadores de contidos. Adoptar as pautas que nos indican en canto á forma, estilo e uso de imaxes, facilitará a comprensión do futuro lector, independentemente das...

RECURSOS PARA ENTROIDO

Imaxe
Chega o Entroido! E con el o xoves de comadres, o de compadres, as ordes do meco, a festa! Co fin de traballalo tamén na aula,  a continuación déixovos unha recompilación de recursos.  Espero que vos sexan de utilidade.       Recursos didácticos para Entroido da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: Enlace con multitude de actividades e interesantes recursos.             As orixes e ritos do Entroido de Galicia Espallada                   Especial Entroido de Vieiros       Imos de Entroido!!!! información da nosa biblioteca sobre esta festa  ancestral           O Entroido Recursos educativos de O recanto de Mik       Recursos educativos para Entroido da WEb educativa do Concello de A Cor...

28 DE XANEIRO: DÍA EUROPEO DA PROTECCIÓN DE DATOS

Imaxe
O 28 de xaneiro celébrase o Día Europeo da Protección de Datos. O obxectivo desta celebración é difundir entre os cidadáns os seus dereitos e responsabilidades nesta materia. Nos centros de  ensino tamén temos o deber de protexer certos datos de carácter persoal do noso alumnado. Con frecuencia manexamos gran cantidade de imaxes e información persoal dos nosos alumnos e as súas familias e non sempre temos claro como debemos facelo. Podemos publicar unha foto nun blog, aínda que teñamos a autorización da familia? É aplicable a Lei Orgánica de Protección de Datos  aos informes psicopedagóxicos realizados polos profesionais da orientación nun procesador de textos? Estas e moitas outras preguntas tentan ser explicadas nesta guía da Junta de Andalucía que, aínda que pouco amena, trata temas de gran interese. que poden aclararnos as posibles dúbidas que teñamos no noso traballo sobre  as cuestións que implican a protección de datos do alumnado. Se queres...

GUÍA DE AUTISMO EN LECTURA FÁCIL

Imaxe
Guía publicada pola OPE (Oficina Permanente Especializada) do Consello Nacional da Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en lectura fácil, utilizando pictogramas de ARASAAC . Esta publicación tenta explicar, de xeito breve e directo, que é o autismo,  así como desmontar os mitos relacionados co mesmo e concienciar á sociedade de que debe evitar usar o termo "autista" de xeito peiorativo ou descalificativo,  tanto nos medios de comunicación como na linguaxe cotián. Podes descargalo pinchando aqui Vía Informática para Educación Especial Descarga aqui Vía La tribu de los superpapás Descarga aqui Via Info TEA