Publicacións

MI SOFTWARE DE COMUNICACIÓN

Imaxe
No sempre interesante ARASAAC Blog atopei o segundo documento da serie Tecnoloxía e Comunicación, editado pola CEAPAT en formato dixital. "Mi software de comunicación" é unha estupenda fonte de información actualizada sobre o conxunto de programas de apoio para a comunicación dispoñibles neste momento e, ademais, unha práctica ferramenta para seleccionar aquel que mellor encaixe coas nosas necesidades. Para acceder ao documento, pincha aqui Outras publicacións da serie: " Mi comunicador de pictogramas ": primeiro documento desta serie con información sobre os comunicadores de pictogramas. A terceira entrega desta serie, "Mi interfaz de acceso al ordenador", aínda está pendente de publicación.

MODIFICACIÓN DE CONDUTA

Imaxe
Do interesante blog orientación Andújar traio esta entrada, con multitude de enlaces, sobre modificación de conduta, que poden ser válidos para o profesorado, para as familias e para orientadores. Temas como a ansiedade, os medos, a baixa tolerancia a frustración, a agresividade e un sinfín doutros asuntos de interese. A continuación deixo un enlace á entrada. Espero que vos sexa útil. Pincha AQUI

RECURSOS PARA O MAGOSTO

Imaxe
Novembro é o mes dos magostos. E como non, no colexio dispoñémonos a celebrar o noso por todo o alto: lume, castañas, carreiras e caras tisnadas. Que ben o imos pasar! Pero como non todo non vai ser festa, a continuación déixovos uns enlaces con recursos para traballar na clase en torno a esta festa O Magosto na escola Traballo de Azucena e Dolores Arias Correa, membros do Colectivo Ollo de Sapo JClic do Magosto de dous CEIP do Barbanza Información, actividades e manualidades sobre esta celebración Manda castaña! Propiedades e indicacións dos castiñeiros e castañas Receitas con castañas Cancións, refráns, adiviñas e frases cotiás coas castañas e o magosto Contos de María Castaña Enlaces de interese Materiais da web educativa do concello de A Coruña A castaña que rebentou de risa LIM da Castaña que rebentou de risa Conto atopado na web de Norberto LIM de Ana Martínez Rey baseada no conto anterior Xogo de pistas do Magosto Xogo para e...

RECURSOS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Imaxe
Recursos para la atención a la diversidad    é unha interesante páxina web con multitude de m ateriais, enlaces, experiencias educativas, lexislación, xogos e utilidades relacionadas coa resposta á diversidade das nosas aulas Para visualizala preme no enlace

MESSENGER VISUAL

Imaxe
O Messenger visual é un servizo de mensaxería instántanea con pictogramas para persoas con discapacidade funcional. Permite que a xente con discapacidade, que teña dificultades no ámbito da lectoescritura ou da expresión, poida comunicarse a través de internet utilizando un sistema alternativo: s ubstitúe a palabra escrita por pictogramas de ARASAAC. É un proxecto da Fundación Maresme financiado pola Obra Social Caja Madrid e desenvolvido por BJ Adaptacións, empresa distribuidora de tecnoloxías de apoio para persoas con discapacidade. Ata o momento este proxecto só funcionaba dentro dunha intranet. Actualmente, despois de salvar dificultades como a autenticación das persoas conectadas, esta ferramenta pode ser utilizada desde internet. Para usalo hai que descargar unha aplicación gratuíta que está na propia páxina do proxecto e darse de alta. A partir de ahí xa é posible agregar amigos ou recibir peticións de amizade. Para descargar o programa, pincha aqui

GUÍA DE RECURSOS PARA AS FAMILIAS

Imaxe
Publicación electrónica en rede da Consellería de Traballo e Benestar, Secretaría Xeral de Política Social. Contén información actualizada sobre todas aquelas axudas e servizos, tanto da Administración autonómica como da estatal, destinadas ás familias. Para enlazar, pincha aqui

COMO MELLORAR A ATENCIÓN DO NOSO ALUMNADO?

Imaxe
A falta de atención do alumnado nas aulas  é unha das queixas máis frecuentes do profesorado. E é que nos últimos anos incrementouse notablemente o número de alumnos con TDAH, pero  tamén o número de alumnos que, sin existir ningún problema diagnosticado, amosan dificultades nese aspecto. A atención é unha capacidade básica e fundamental para desenvolver con éxito gran parte das tarefas escolares. Nesta entrada preténdese dar unha serie de estratexias para o profesorado, así como propoñer unha serie de xogos e actividades encamiñados a reforzala. Como podemos mellorar a atención na clase?   Comezando a explicar unha vez teñamos asegurada  a atención de toda a clase. Iniciando a explicación utilizando recursos que capten a atención do noso alumnado: preguntas, exercicios prácticos... Captando a atención do alumnado mediante a variación de estímulos: orais, visuais, escritos... Utilizando apoios visuais para transmitir mensaxes (esque...