VOLVEMOS PASEAR

A partir deste domingo os nenos e nenas, despo is de varias semanas de confinamento, poderedes saír de novo á rúa. Sei que algúns de vós estades un pouquiño preocupados porque, ata agora, as persoas adultas estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os demais. Nas vídeo-conferencias cos vosos/as profes, moitos/as de vós fixéstesnos partícipes do temor de volver a saír á rúa: "E se me contaxio? E se contaxio a algún membro da miña familia?" Esas foron algunhas das preguntas que nos fixestes. É normal. Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria. Os adultos agora dicimos que podedes saír. E vós preguntarédesvos: Se o virus segue aí, entón porqué saímos? Pois veredes, farédelo porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e mental. Moitos de vós queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmi...