PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA DO ALUMNADO COA SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Protocolo para a atención educativa do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elaborado por un grupo interdisciplinario constituido a tal efecto.





Neste documento podes atopar información sobre: que é a Síndrome de Down;  orientacións no proceso de escolarización do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual; pautas para a organización interna do centro co fin de ofertar unha axeitada resposta educativa; orientacións metodolóxicas e de aula;  medidas curriculares desde a perspectiva do deseño universal para a aprendizaxe; orientacións sobre a avaliación e seguimento do alumnado; orientacións de colaboración coas familias e aspectos a ter en conta para a sensibilización da comunidade educativa en prol dunha cultura inclusiva.


Se queres acceder ao documento, pincha aquí.

Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario