F orientacióncondesa: "DELHUYANDO" POLOS DEMAIS

jueves, 17 de mayo de 2012

"DELHUYANDO" POLOS DEMAIS

No blog de Fernando Navarro atopei esta interesante guía sobre o alumnado axudante, publicada por Fermín Izquierdo da Rioja.
Nela desenvólvese un completo programa de formación do alumnado que quere realizar o labor de acompañamento entre iguais, que quere "delhuyar" polos demais.
Con este manual de instrucións preténdese que o alumnado mediador aprenda a observar, a empatizar, a escoitar activamente co obxectivo último de resolver os problemas.
Este programa do IES "Hermanos D'el Huyar" de Logroño foi o primeiro premio do Concurso de Boas Prácticas Educativas, organizado polo ministerio de Educación,  na modalidade de secundaria.
A guia busca fomentar a convivencia a partir da formación do alumnado para crear unha rede de apoio destinada a aquelas persoas que teñan maiores dificultades.
Déixovos un enlace á mesma.




No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest