AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE

A Junta de Castilla y León dentro do seu Plan de Formación pon á disposición dos docentes da súa comunidade (Rede XXI ) un cuestionario para avaliar a competencia dixital do profesorado.
Consta de catro partes e, unha vez rematado, nos indica o nivel no que estamos (inicial, medio ou avanzado). Ademais suxire posibles actividades de formación.
Aínda que está pensado para unha determinada comunidade é extrapolable para usar por calquer docente que pretenda autoavaliarse neste ámbito e tomar as medidas oportunas para mellorar a súa práctica educativa.




Comentarios