F orientacióncondesa: O blog como ferramenta de orientación

viernes, 30 de marzo de 2012

O blog como ferramenta de orientación

A educación actual non pode concibirse sen o uso das tecnoloxías de información e comunicación. En maior ou menor medida, as TIC están presentes nas nosas escolas e teñen gran impacto na metodoloxía, nos recursos e no xeito no que se accede ao coñecemento e á información.
A orientación educativa non pode quedarse ao marxe deste proceso. Debe estar en sintonía cos cambios producidos na nosa sociedade e nas nosas escolas.
Debemos aproveitar todo o potencial que as TIC nos ofrecen para mellorar o noso labor. É indubidable que nos proporcionan recursos que facilitan as nosas funcións. Neste sentido, o blog é unha ferramenta clave.
A través del podemos compartir moita información de interese co profesorado, co alumnado e coas familias, realizar actividades de intervención no tratamento da diversidade, recompilar recursos, ferramentas e materiais de utilidade dun xeito organizado e sistemático e, sobre todo, a golpe de clic.
Aínda que non pode substituír a comunicación cara a cara, supón un apoio importante e un xeito de optimizar o tempo, normalmente tan escaso.
Ao mesmo tempo esixe unha gran inversión de tempo e traballo co fin de actualizar constantemente os contidos. Neste sentido, traballar dun xeito colaborador, aforraríanos moitos esforzos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest