RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA O #11F, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

  • Recompilación con algún recursos para traballar nas aulas o Día da Muller e a nena na Ciencia! Data mediante a que se reivindica o acceso e a participación plena e en igualdade das mulleres e as nenas neste sector.

  • Vídeo Día Internacional da Muller e a nena na ciencia: vídeo que busca fomentar a participación das mulleres e as nenas nas actividades e institucións científicas. 
  • "La primavera silenciosa" de Rachel Carson, vídeo divulgativo: o Museo de Ciencias Universidade de Navarra impulsou o proxecto “A muller na ciencia”, cuxo obxectivo é dotar ás nenas que queiran seguir unha carreira científica, de referentes femininos a través dunha serie de pequenos vídeos divulgativos coa biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral. En concreto, este vídeo fala de Rachel Carson, pioneira do movemento ambientalista.
  • Resolución do 22 de decembro de 2015 da Asemblea Xeral da ONU; documento lexislativo a través do que a ONU establece un Día Internacional anual para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, 
  • Recursos e enlaces da Biblioteca pública de Lugo: documento publicado en 2019 pola biblioteca pública de Lugo con recursos e enlaces para traballar o ·11F
  • Recursos da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia: biografías de mulleres relevantes e singulares galegas publicadas pola Secretaría Xeral de Igualdade
  • "Mamá, no quiero ser científica": artigo publicado en Cuaderno de Cultura Científica, para reflexionar.
  • A miña científica preferidaobra colaborativa de distintos alumnos/as para poñer de relevo o traballo das mulleres na ciencia ao longo do tempo.
  • Elas fixeron historia: libro dixital publicado pola Subsecretaría de Ciencia, Innovación e Universidades con iñustracións e unha pequena reseña bibliográfica de diversas mulleres investigadoras, innovadoras e académicas.
  • #NO MORE MATILDAS: campaña da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca combater  o "efecto Matilda, como se deu en chamar o prexuízo  para recoñecer o traballo das mulleres científicas que se ven relegadas ao olvido e incluso ven como os seus méritos se atribúen aos seus colegas masculinos.  

Comentarios