jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Desde este blog, queremos facer unha pequena contribución para conmemorar esta data. 
Para min resulta inevitable relacionar a conmemoración deste ano co momento que estamos a vivir debido ao confinamento polo COVID-19.
Nos últimos días, todos escoitamos noticias nas que se relataba como persoas con TEA e os seus acompañantes eran increpados cando saían á rúa.
Sirva esta entrada para concienciar a poboación sobre esta necesidade do colectivo TEA que a lei ampara.
As persoas con autismo teñen a necesidade de realizar saídas por saúde, para evitar alteracións significativas do seu comportamento. E, ademais, teñen permiso para dar eses paseos terapéuticos sos ou acompañados.
Teñen dereito a circular pola vía pública coa comprensión e respecto do resto da poboación, sen necesidade de utilizar un identificativo que lle permitan exercer este dereito.
Evitemos xulgar aos demais sen ter coñecemento.


A continuación proporciónanse recursos, relacionados co COVID-19, que poden ser útiles para persoas con TEA.

Hecho con Padlet

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest