viernes, 28 de diciembre de 2018

DECÁLOGO PARA ELEXIR XOGOS E XOGUETES NON SEXISTAS E NON VIOLENTOS

Quixera compartir convosco un interesante material das distintas campañas de adquisición e uso de xoguetes non sexistas e non violentos que realiza a Deputación de Pontevedra desde o ano 2015.
Pretende concienciar á sociedade e tamén aos Reis Magos de que elixan xoguetes desde a cultura de paz, adoitando ademais unha perspectiva coeducativa e igualitaria.
Si queredes ver o folleto, pinchade na imaxe

E este é o último vídeo da campaña deste ano: Xogar sen fendas


Os xoguetes non teñen sexo, non son per se nin de nenos nin de nenas, por iso debemos procurar que lles axuden a desenvolver as súas capacidades e que non limiten as súas preferencias en función do seu sexo.
Calquera iniciativa que fomente unha sociedade sen xenofobia e violencia e que loite pola igualdade entre xéneros é benvida!

2 comentarios:

  1. ¡Encántame a túa entrada, Natalia! Co teu permiso enlázoa ao meu blogue https://orecunchodasfadas.blogspot.com/
    Moitas grazas.
    Feliz Nadal!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Anabel! Felices festas e feliz aninovo!

    ResponderEliminar

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest