REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos:

  • Proporcionar información sobre a nova etapa
  • Compartir estratexias para facilitar o cambio
  • Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas
O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos.
Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA...



Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade. 
É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se  producirá de forma drástica, senón pouco a pouco. 
A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre  a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un documento con pautas para COMEZAR PRIMARIA CON BO .




Comentarios