EMPEZAR PRIMARIA CON BO PÉ

O paso a Primaria supón para os vosos fillos/as un gran acontecemento.
.
Comeza unha etapa na que lles esperan certos cambios aos que se irán adaptando paulatinamente. É importante que afrontemos a mesma correctamente.

Dende o colexio, queremos estar convosco neste proceso e con esta idea levamos a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación á nova etapa. Algunhas delas son:  
  • Reunións entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro curso de Educación Primaria.
  • Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de 1º de Primaria.
  • Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Samaín, etc
  • Reunión coa familias do alumnado que entra en 1º de Primaria o vindeiro curso.
As seguintes pautas teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria con bo pé.


Pincha aq para descargar as pautas en PDF

  • Procurade vivir o cambio con calma, tranquilidade e normalidade.
  • Se vós estades angustiados, lle transmitiredes, sen querelo, medo e desconfianza.
  • Evitade frases do tipo: "Xa verás en primeiro"; "Primeiro é máis difícil, non é como Infantil"; "Se non estudias, vas repetir"; "Acabouse a boa vida"... Non lle crean máis que angustia e medos infundados.
  • Porén:
  • Anticipade os acontecementos de xeito realista, falándolle dos novos cambios: novos espazos, novo profesorado, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...
  • Falarlles cun discurso positivo: alentalos, motivalos ao cambio, non preocupalos, resaltade todo o que van aprender.
  • Transmitirlles que confiamos absolutamente en que poden facer fronte á nova etapa sen nengún problema.
  • Moitas veces os pais/nais dubidades das capacidades e da preparación dos vosos fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as. 
  • Buscar sempre a sintonía co centro e co profesorado dos vosos fillos.
  • Evitade críticas e descalificacións sobre os docentes, os compañeiros, etc. Se tendes algún desacordo, faládeo sempre co titor pero non diante do neno.
  • Fomentade a súa autoestima.
  • Escoitádeos activamente e permitide que expresen as súas inquedanzas e temores. Acompañade aos nenos nos seus sentimentos, sen quitarlle importancia aos mesmos pero alentándoos a afrontar as súas preocupacións de xeito realista.
  • Estade tranquilos. Non hai unha ruptura drástica, aínda que si unha organización distinta.
  • Se o voso fillo/a ten necesidades especiais, non vos preocupedes. Os novos profesores/as teñen toda a información referente ao neno, para que se teña en conta se necesitan apoio. 
  • É importante que o responsabilicedes das súas tarefas tanto na escola como na casa.
  • Axudádelle a crear unhas rutinas que desenvolvan a súa autonomía e os seus hábitos de traballo.
  • Lembrade que a asistencia regular a clase é obrigatoria.
  • Dádelle tempo para o cambio. Evitade comparalo con outros nenos. Cada un ten o seu propio ritmo e acada as mesmas etapas en momentos diferentes.
  • Acudide ás reunións e colaborade, na medida do posible, co profesorado do voso fillo/a.
  • Nas primeiras semanas do curso, hai unha reunión coas familias. É importante a vosa asistencia pois nela poderedes informarvos e preguntar todas as dúbidas que teñades.
  • Interesádevos en coñecer que fai o voso fillo/a na clase. Se el percibe ese interese, estará máis motivado cara ao aprendizaxe.
  • Seguide as orientacións das titoras, así como as normas establecidas para a aula e para o centro.
  • Mantede contacto estreito co profesorado do voso fillo/a ao longo de todo o curso.
Máis cousas:

Presentación da reunión cos cambios en Educación Primaria.

El paso de Infantil a Primaria: caderno para as familias
do orientador Jesús Jarque.

Comentarios

  1. Entrada moi completa,Grazas por compartir.. Felicidades polo teu Blog.
    Un saúdo Natalia

    ResponderEliminar
  2. Hola. unas pautas e recomendacións moi completas... seguimos en contacto

    ResponderEliminar
  3. Que boísimas pautas, Natalia. Graciñas por compartilas. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario