F orientacióncondesa: BENVIDOS Á ESCOLA!

viernes, 13 de junio de 2014

BENVIDOS Á ESCOLA!

O pasado martes demos a benvida ás familias de novo ingreso do alumnado de Educación Infantil de 3 anos.




O obxectivo prioritario  da reunión é que as familias coñezades de primeira man que vai supor a entrada á escola na vida dos vosos fillos.

Para que vos sintades confiados e seguros é necesario resolver as posibles dúbidas que se vos plantexen ante a súa escolarización e que saibades cal é o funcionamento interno do centro.

Ademais é un xeito de transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Como dixemos na reunión: 


"O período de adaptación comeza dende xa!"

Tal e como quedamos, comparto convosco o guión da presentación e un pequeno resumo coa información máis importante do período de adaptación e as recomendacións a seguir cos vosos fillos. Espero que vos sexa de utilidade.

Información sobre o período de adaptación

Recomendacións para as familias





1 comentario :

  1. Seguro que fue una visita muy emocionante para ellos. Un beso.

    ResponderEliminar

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest