AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA ALUMNOS EN GALICIA 2014

Quero compartir convosco un enlace a unha entrada do blog de orientación educativa de Mónica Diz Orienta porque creo que pode ser do voso interese.


Trátase da convocatoria das axudas, ofrecidas pola Consellería de Educación, para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso.



Ademais, Mónica Diz realiza nesta entrada un breve resumo dos requisitos, prazos e novidades na convocatoria deste ano.

Dende aquí aproveito para darlle as grazas polo seu estupendo traballo e por compartirlo con todos nós!!!

Se queres acceder á información, pincha AQUÍ








Comentarios

  1. Este ano hai que miralo moi ben que hai modificacións bastante importantes non cres? Grazas por compartilo, Natalia. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Así é. Grazas a tí polo teu comentario, Ana. Un biquiño

      Eliminar
  2. Natalia moitas grazas por ser tan respetuosa informando sobre as fontes, non todos os blogueiros teñen a túa ética. Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polas túas palabras, Mónica. Unha gran aperta!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario