AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA ALUMNOS EN GALICIA 2014
Quero compartir convosco un enlace a unha entrada do blog de orientación educativa de Mónica Diz Orienta porque creo que pode ser do voso interese.
Trátase da convocatoria das axudas, ofrecidas pola Consellería de Educación, para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso.
Ademais, Mónica Diz realiza nesta entrada un breve resumo dos requisitos, prazos e novidades na convocatoria deste ano.
Dende aquí aproveito para darlle as grazas polo seu estupendo traballo e por compartirlo con todos nós!!!
Se queres acceder á información, pincha AQUÍ
FONTE: Mónica Diz Orienta
Este ano hai que miralo moi ben que hai modificacións bastante importantes non cres? Grazas por compartilo, Natalia. Unha gran aperta.
ResponderEliminarAsí é. Grazas a tí polo teu comentario, Ana. Un biquiño
EliminarNatalia moitas grazas por ser tan respetuosa informando sobre as fontes, non todos os blogueiros teñen a túa ética. Apertas.
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras, Mónica. Unha gran aperta!
ResponderEliminar