F orientacióncondesa: AVALDIA 2013-2014

lunes, 26 de mayo de 2014

AVALDIA 2013-2014


As probas de avaliación de diagnóstico 2013-2014, en Educación Primaria, terán lugar o martes e mércores, días 27 e 28 de maio.


Realizarán as mesmas os dous grupos de cuarto curso de Educación Primaria.

O horario será o seguinte:
Día 27 de maio:
  • Competencia matemática.
  • Descanso.
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
Día 28 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Descanso.
  • Cuestionarios de contexto.


Con estas probas de avaliación diagnóstica preténdese comprobar o nivel de adquisición das competencias básicas en canto a comprensión lectora, expresión escrita e razoamento matemático do alumnado que finaliza o segundo ciclo de Educación Primaria.

Todo o alumnado escolarizado en 4º de Primaria deberá cumprimentar un caderniño por cada competencia avaliada. As probas se realizarán desde primeira hora da mañá e serán corrixidas conforme unhas plantillas a tal efecto.

Non se trata dunha avaliación individual nin os resultados  inciden nas notas dos alumnos.

O resultado da avaliación tomarase como punto de partida para iniciar un proceso de reflexión  sobre a práctica educativa co  fin de introducir os cambios que se consideren oportunos para mellorar os resultados.

Ademais o alumnado, as familias, a dirección do centro e o profesorado titor dos grupos avaliados cubrirán un cuestionario de contexto.


2 comentarios :

  1. Seguro que están nerviosísimos pero lo harán fenomenal. Un beso.

    ResponderEliminar

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest