PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou un protocolo para a prevención e o control do absentismo en nos centros escolares.


O seu obxectivo é regular e controlar a asistencia a clase do alumnado galego.
A través de el intentanse establecer unhas pautas comúns de actuación e definir conceptos como que é absentismo, que documentos deben formar parte dun expediente de absentismo, que se considera unha falta de asistencia xustificada ou inxustificada, que modelos podemos utilizar para acreditar a ausencia, entre outros.
Amais no protocolo, podemos encontrar unha serie de anexos, como modelos das convocatorias de reunión, das actas dos encontros coas familias, de notificación do expediente de absentismo, etc. Os anexos están en formato word co fin de que poidan ser modificados.
Neste documento establécese que é o profesor titor o que debe realizar diariamente o control de asistencia e comunicar as faltas ás familias dentro dos primeros cinco días naturais do mes seguinte.
No caso de que o número de faltas sen xustificar supere o 10 por ciento do horario lectivo dese mes determinado, comunicarallo ao equipo directivo, iniciando o expediente de absentismo no prazo dos sete días seguintes.
A xefatura de estudios convocará ás familias do alumnado absentista co de solucionar a situación. Se é así, paralízase o proceso e archívase o expediente. 
Pero se a situación non se soluciona, a dirección do centro educativo deberá notificar a situación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente e ao Concello de residencia do alumno/a, nun prazo de 30 días naturais desde o inicio do expediente.

A continuación concrétanse os distintos anexos e o enlace á páxina onde se atopan os mesmos

Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario