F orientacióncondesa: CALENDARIO DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012-2013

jueves, 23 de mayo de 2013

CALENDARIO DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012-2013


A avaliación de diagnóstico realizarase os días 23 e 24 de maio en 4º de educación primaria e os días 28 e 29 de maio en 2º curso de educación secundaria obrigatoria.





Para a realización da proba realizaranse as actividades propostas no caderno de  actividades e, ademais cubrirase un cuestionario de contexto.

Coa realización dos cadernos preténdese comprobar os niveis de adquisición das competencias básicas en canto a comprensión lectora, expresión escrita e razoamento matemático do alumnado que finaliza o segundo ciclo de Educación primaria.

Ademais alumnado, familias, dirección do centro educativo e profesorado titor dos grupos avaliados deben cubrir un cuestionario

Tanto os cadernos como os cuestionarios serán confidenciais, o que implica a súa garda e custodia tanto no período anterior como posterior á realización da proba.

Realización da proba:
Educación primaria
Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto
Educación secundaria obrigatoria
Día 28 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 29 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest