O PASO A SECUNDARIA: CHARLA PARA AS FAMILIAS

Xa estamos no último trimestre do curso. Para o alumnado de 6º, e para as súas familias, é tamén o último curso de Primaria.

Como en todos os momentos de cambio, xorden dúbidas e inseguridades sobre a nova época que se inicia.
Co obxectivo de orientar aos pais e nais do alumnado de  6º curso o pasado martes, realizamos esta reunión na que abordamos aspectos relacionados coa educación secundaria e a súa estrutura;  coa solicitude de praza e a  matrícula; coas características da nova  etapa que se inicia e as súas diferencias coa etapa de Primaria... 

En definitiva falamos sobre as as vosas  preocupacións neste momento de cambio e ofrecemos unha serie de pautas para afrontalo con seguridade e optimismo.

Moitas grazas a todos vós pola asistencia e espero que vos sexan de utilidade!!!


Comentarios