OpenDyslexic

A entrada de hoxe é para presentarvos unha tipografía  gratuíta de código aberto especialmente indicada para  persoas con dislexia.



Trátase de OpenDyslexic e creouse para aumentar a lexibilidade dos lectores con esta dificultade.






Os caracteres desta tipografía teñen unha forma única que realza os trazos das letras que poden resultar ambiguas.
Ademáis o espaciado, lixeiramente máis ancho, evita as dificultades que adoitan presentar os lectores disléxicos ou as persoas que se atopan en etapas de aprendizaxe da lectura.
Aínda que moitos factores que afectan á lectoescritura están fóra do noso control, podemos contribuír a facilitar a lecturabilidade dun texto e, o uso desta tipografía parece ser unha axuda a este respecto.
Se tes interese en descargala, preme no seguinte enlace. Descarga o arquivo ZIP e despois de descomprimilo, engade esta nova fonte no apartado Fonts do teu sistema operativo.


Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario