PAUTAS PARA CREAR DOCUMENTOS DE LECTURA FÁCIL


Información para todos é unha guía froito do proxecto europeo Pathways, traducida ao español pola FEAPS, que pretende difundir as pautas para crear escritos de lectura fácil. 
A lectura fácil é un método de adaptación e e redacción de textos que pretende facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión.

Polo tanto, o obxectivo final desta guía é conseguir redactar  textos que poidan ser facilmente lidos e comprendidos por todos. Aínda que está pensada para persoas con dificultades intelectuais, tamén pode ser útil para outros colectivos: alumnado con dificultades de lectoescritura, persoas que non falan español, etc
Facer información fácil de ler e comprender debería ser un reto  para todas as persoas que nos dedicamos ao ensino, para as administracións e para os creadores de contidos. Adoptar as pautas que nos indican en canto á forma, estilo e uso de imaxes, facilitará a comprensión do futuro lector, independentemente das súas características. 
A continuación, déixovos o enlace á guía, que se pode descargar desde a páxina da FEAPS, así como o interesante artigo ao respecto, que é fonte desta entrada, Lectura fácil: escribir para todosescrito por Miguel Ángel Pereira Baz no blog do CEDEC.

desdeInformacion todosg
Outra guía interesante sobre o tema é Cómo elaborar textos de fácil lectura do Centro estatal de autonomía personal y ayudas técnicas.

Comentarios