F orientacióncondesa: PARENTALIDADE POSITIVA

martes, 1 de enero de 2013

PARENTALIDADE POSITIVA


Educar a un fillo é quizais un dos maiores retos persoais aos que nos podemos enfrontar. Sen embargo en ningunha escola se nos  ensina como ser  pais. 
Carecemos dunha formación específica para exercer a parentalidade, polo que moitas veces sentimos inseguridade e moitas dúbidas  sobre as nosas actuacións.
Todos os pais pretendemos educar aos nosos fillos do mellor xeito posible, mais non sempre sabemos como acertar nesta difícil empresa. Aínda que non existen receitas máxicas nin fórmulas universais, educar en positivo é a mellor opción posible.
Os primeiros días do novo ano son días de bos propósitos, se aínda non decidiches cal vai ser o teu, apostar por mellorar como pai ou nai, por unha parentalidade positiva, pode ser unha boa posibilidade.
Os documentos que presentamos a continuación tentan ofrecer ferramentas para axudar  na educación dos fillos, ademais de dar pautas para que a súa crianza non sexa unha fonte de estres e conflito.
A modo de resumo, aquí tedes uns breves consellos para exercer unha parentalidade positiva baseados nos materiais de Save the Children que se relacionan máis abaixo.



  • Acepta e respecta ao teu fillo.
  • Presta máis  atención ás condutas e comportamentos adecuados que a aqueles que non queres que se repitan.
  • Fala moito cos teus fillos e escoita sempre o que teñan que dicirche.
  • Dálle a oportunidade de expresar os seus sentimentos.
  • Marca uns límites e unhas normas claras e consistentes.
  • Explícalle as razón polas que hai que cumprir unha norma e as consecuencias naturais de non cumprila.
  • Acláralle que fixo mal e como pode facelo mellor no futuro.
  • Anima ao neno a buscar solucións para os problemas.
  • Sé realista en canto ás expectativas que te marcas e ten en conta a idade do neno.
  • Predica co exemplo.
  • Non escatimes en mimos e abrazos.
  • "Camiña nos zapatos" do teu fillo, ponte no seu lugar.
  • Evita usar gritos, ameazas, violencia ou suborno como práctica educativa.
  • Non o ridiculices nin o compares con outras persoas.
  • Non che preocupe pedir perdón cando te equivoques.
  • Non teñas medo de negociar nin de reconsiderar a túa postura.













QUEN CHE QUERE A TI?: GUÍA PARA PAIS E NAIS SOBRE COMO EDUCAR EN POSITIVO




E ademais bótalle unha ollada a este artigo: Las terribles consecuencias del efecto Pigmalión sobre los hijos


Despois de lelo non cres que paga a pena ser máis positivo?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest