F orientacióncondesa: 28 DE XANEIRO: DÍA EUROPEO DA PROTECCIÓN DE DATOS

domingo, 27 de enero de 2013

28 DE XANEIRO: DÍA EUROPEO DA PROTECCIÓN DE DATOS








O 28 de xaneiro celébrase o Día Europeo da Protección de Datos. O obxectivo desta celebración é difundir entre os cidadáns os seus dereitos e responsabilidades nesta materia.

Nos centros de  ensino tamén temos o deber de protexer certos datos de carácter persoal do noso alumnado.


Con frecuencia manexamos gran cantidade de imaxes e información persoal dos nosos alumnos e as súas familias e non sempre temos claro como debemos facelo.


Podemos publicar unha foto nun blog, aínda que teñamos a autorización da familia?


É aplicable a Lei Orgánica de Protección de Datos  aos informes psicopedagóxicos realizados polos profesionais da orientación nun procesador de textos?


Estas e moitas outras preguntas tentan ser explicadas nesta guía da Junta de Andalucía que, aínda que pouco amena, trata temas de gran interese. que poden aclararnos as posibles dúbidas que teñamos no noso traballo sobre  as cuestións que implican a protección de datos do alumnado.

Se queres descargar a guía, pincha aqui







Fonte: APEP Asociación Española Profesional de privacidad

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest