"YA VIENEN LOS REYES"...

Chega o Nadal e con el o tempo de regalos.
Para acertar cos xoguetes dos máis pequenos da casa, tedes a continuación unha serie de  orientacións que espero que vos sexan de utilidade:






  • Facédelle comprender aos nenos que, da carta que escriban, os Reis Magos só elixirán algún regalo. É importante que comprendan que non poden obter todo o que desexan, deste xeito aprenden a tolerar a frustración.

  • Non se trata de que os nenos teñan unha chea de regalos, senón poucos e ben elixidos para que poidan valorar a súa importancia e aproveitar todo o seu potencial.

  • Os xoguetes deben servir para xogar, por iso é fundamental que sexan seguros e adecuados á idade do neno

  • O mellor xoguete non é o máis caro senón o que logra estimular a imaxinación, a creatividade e o intelecto do neno.

  • É importante respectar os gustos e desexos dos nenos, pero como pais debemos orientar sempre a elección cara un consumo equilibrado: necesidades, valor educativo, custo,  posibilidades económicas...

  • Asesorádelles á hora de escribir a carta aos Reis, co fin de evitarlles futuras desilusións. Procurade que non se deixen influír pola publicidade enganosa.

  • Desexar e pedir non é malo, pero como pais debedes limitar o número de cousas que lle traian os Reis. Non é educativo que teñan absolutamente todo o que pidan.

  • O neno debe entender que os Reis si lle traerán un xoguete dos que pide e, pode ser,  que algunha outra cousa que non estea na carta. 

  • Procurade que os xogos elixidos non sexan sexistas nin violentos.

  • Ademais como este Nadal, os Reis terán que axustarse a un presuposto máis limitado, déixovos uns enlaces interesantes que dan pautas sobre como escoller ben  os xoguetes.




    Decálogo para elixir xoguetes e non sexistas non violentos

    (Se che interesa descargalo en PDF, pincha aqui)






    Cómo elegir los juguetes

    Interesante guía da CEAPA sobre o xogo e os xoguetes




    Guía AIJU 2012 - 2013


    Ofrece información sobre 140 xogos e xoguetes e permite buscas personalizadas do xoguete "perfecto". Pretende ofrecer información tendo en conta as necesidades lúdicas e pedagóxicas de cada neno segundo a súa idade.



    Exemplo da información que ofrece de cada xoguete. Pinchando no código QR podes acceder directamente á información no teu móbil



    Juego, juguetes y discapacidad. guía da AIJU que inclúe información sobre os xoguetes máis recomendables para os nenos con distintos tipos de discapacidade






    Infojuego: asesoría pedagóxica de Rocío Ramos Paúl, a Supernanny,  para elixir os xoguetes








    Ludomecum: o buscador de xoguetes con información sobre xogos para nenos e sobre si o que piden é adecuado para eles


    Comentarios