F orientacióncondesa: PROGRAMA RECAPACITA

jueves, 15 de noviembre de 2012

PROGRAMA RECAPACITA

ReCapacita  é o nome dun proxecto educativo do Instituto de Acción Social da Fundación MAPFRE. Trátase dun Programa de Boas Prácticas para a Inclusión, que ten como obxectivo sensibilizar á poboación infantil co mundo da discapacidade, así como fomentar a diversidade como un valor que nos enriquece como persoas. 


O programa estruturase en torno a tres obradoiros.


O obradoiro "Colores para la diversidad", da primeira edición, centrouse na aprendizaxe cooperativa como ferramenta para fomentar a convivencia e aceptar a diversidade como algo positivo dentro dun grupo.




O obradoiro, "En otras palabras",da segunda edición,   tentou desenvolver as habilidades lingüísticas: falar, ler, escoitar e escribir, que moitas veces supoñen un obstáculo para aquelas persoas con discapacidade


O obradoiro "Todos somos capaces" , da edición actual, céntrase nas intelixencias múltiples de Howard Gardner, que son o eixo sobre o que xiran as distintas actividades e materiais propostos. 

En todos eles ofrécese material para o profesorado, para o alumnado e para as familias.

É posible rexistrarse no programa e ter accceso a materiais, actividades. Ademais pódese participar nun concurso.

Máis información na páxina de facebook do Programa ReCapacita

No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest