COMO MELLORAR A ATENCIÓN DO NOSO ALUMNADO?



A falta de atención do alumnado nas aulas  é unha das queixas máis frecuentes do profesorado. E é que nos últimos anos incrementouse notablemente o número de alumnos con TDAH, pero  tamén o número de alumnos que, sin existir ningún problema diagnosticado, amosan dificultades nese aspecto.

A atención é unha capacidade básica e fundamental para desenvolver con éxito gran parte das tarefas escolares.
Nesta entrada preténdese dar unha serie de estratexias para o profesorado, así como propoñer unha serie de xogos e actividades encamiñados a reforzala.

Como podemos mellorar a atención na clase?
 
  • Comezando a explicar unha vez teñamos asegurada  a atención de toda a clase.
  • Iniciando a explicación utilizando recursos que capten a atención do noso alumnado: preguntas, exercicios prácticos...
  • Captando a atención do alumnado mediante a variación de estímulos: orais, visuais, escritos...
  • Utilizando apoios visuais para transmitir mensaxes (esquemas, videos, imaxes…)
  • Enfatizando determinados aspectos do discurso cambiando o ton da voz, xesticulando…
  • Realizando explicacións orais breves e alternándoas coa actividade do alumnado (tarefas no caderno, saír ao encerado...)
  • Preguntando con frecuencia si entenden o que se lles explica
  • Utilizando distintas actividades para conseguir un mesmo obxectivo.
  • Utilizando as TIC como apoio ás tarefas propostas debido a que lle resultan moi motivantes, facilitan o traballo en grupo e implican a interacción do alumnado cos contidos a traballar.
  • Presentando os contidos de distintas maneiras co fin de evitar a monotonía.
  • Reforzando positivamente,  e a miúdo, as situacións nas que o alumnado presta atención.
  • Relacionando os novos contidos cos xa aprendidos.
  • Traballando co alumnado con déficit atencional estratexias de autocontrol e  autoinstrucións.
  • Advertindo ao alumnado distraído de xeito individual, chamándolle polo seu nome ou mediante unha advertencia persoal privada (achegarnos a súa mesa, tocarlle no ombro) mentres seguimos a explicación.
  • Detectando aqueles elementos que poidan distorsionar a atención do alumnado e eliminándoos.
  • Colocando cerca do profesor aos alumnos que amosen máis dificultades.
  • Detectando as estratexias que nos funcionan mellor co grupo co fin de botar man delas cando o consideremos necesario (a última hora, cando estean especialmente cansos).


Actividades encamiñadas a reforzar a atención
 
As mesmas pautas en formato pdf

Fichas para mejorar la atención: varias fichas con exercicios para traballar a atención de Orientación Andújar

Atender para aprender: interesante documento con estratexias do CEIP "Martina García" da Comunidade de Madrid

Pautas y actividades para trabajar la atención: documento do Departamento de Orientación do Colexio San Gabriel de Madrid

Atención: entrada de Aula PT con enlaces a actividades para potenciar e estimular a atención

Seguimos trabajando la atención: entrada do blog La carpeta de Olga

Autoinstrucciones en la resolución de problemas: documento realizado a partir do anterior que se pode descargar en formato word editable

Prevenir problemas de atención: pautas para as familias de Jesús Jarque García


Fontes: artigos de Juan Vaello Orts e de Isabel Orjales















Comentarios