ACTIVIDADES PARA MELLORAR A PRESIÓN DO LAPIS


Unha das habilidades necesarias para a escritura é executar unha adecuada presión sobre os instrumentos gráficos.
Ás veces nos atopamos con que os nenos exercen demasiada presión e se cansan en seguida ou, pola contra, apenas realizan forza, polo que a súa grafía se ve deteriorada.

A continuación presentamos unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a presión e agarre dos instrumentos de escritura. 
Non se trata dun listado exhaustivo, pero si están moitas das que axudan a mellorar a presión notablemente.

É importante procurar realizalas dun xeito regular e nunca durante máis de trinta minutos. Se nese espazo de tempo, non rematan a tarefa proposta, podemos deixala para outro día.

É conveniente que sempre propoñamos unha meta que xustifique a realización da actividade, deste modo incrementaremos a motivación cara a tarefa proposta.

Hai unha serie de actividades especialmente indicadas para traballar os problemas de presión:

Recortar

Facer flocos coa tesoira, recortar figuras polo contorno, polo polo eixe de simetría, en fragmentos rectilíneos e compoñelos de novo; recortar papel dobrado; cortar cos dedos índice, polgar e medio...




Coser

Realizar cosidos sobre figuras xeométricas e siluetas sinxelas con la












Picar

Picar libremente sen contornos, con límite pechado, por liñas grosas, por liñas finas...




Modelar

Modelar con plastilina, barro.. utilizando rolos, moldes, prensas, modeladores...
Amasar plastilina, esmagar bolas ata deixalas planas, apertar a plastilina entre os dedos ata que estes se xunten, facer colares ou brazaletes con churros, cortar plastilina cunha tesoira...


Pregar 
Facer figuras sinxelas pregando papel: avións, barcos...






Outras actividades que podemos realizar son:

A batalla dixital: Apertar o dedo índice contra o polgar de cada un das mans, mantendo a presión durante uns segundos e soltar. Alternar todos os dedos do mesmo xeito

Estirar as palmas: estirar os dedos todo o posible e mantelos así durante uns segundos para posteriormente relaxar as mans e apertar os puños ao mesmo tempo

Recoller obxectos pequenos con pinzas (boliñas de algodón, contas, gominolas...) e movelos dun recipiente a outro



Colgar pinzas no borde dunha caixa, dun papel ou dun mantel e logo quitalas

Facer pequenas bolas de papel e usar apunta do dedo para tiralas a un lugar determinado

Explotar as burbullas típicas do plástico de embalar

Usar un contagotas para mover líquidos dun recipiente a outro.

Certos xogos e xoguetes poden axudarnos a mellorar a presión sobre os útiles gráficos:

Xogos de ensamblar










Xogos de inserir caravillas










Xoguetes de construción tipo Lego










Xoguetes de bonecas ou ras saltarinas nos que hai que enviar a forza á punta do dedo para conseguir que salten

Pistolas de auga





Pelotas de caucho

Xoguetes de encastre para armar e desarmar

Xoguetes con teclados




Xoguetes de corda








Paíños chineses ou Mikado









Bólas






Peóns










Xogos de estampar: imprentas con selos e tinta, esponxas, figuras para estampar...




Rolos e paletinas para pintar





Temperas presentadas con aplicador que pintan facendo presión no bote para que flúa a pintura


Rotuladores tipo roll on










Xogos de proxectar coas mans diferentes figuras na parede xogando co contraste entre luz e sombra













Na casa tamén podemos contribuír a mellorar a presión que os nenos realizan no lapis mediante unha serie de actividades cotiás como son:

Añadir leyenda
Tender a roupa con pinzas

“Limpar” unha superficie con esponxas

Amasar e estirar masa de galletas e recortalas con moldes

Escribir no teclado do ordenador


Apertar e espremer a esponxa no baño e volver a tomar auga coa mesma

Espremer laranxas

Pelar mandarinas, castañas...

Cortar un filete en anacos


Enlaces

Prensión y presión del instrumento




Easy Origami











Plegar y cortar


Sombras con las manos



Si queres descargar esta entrada en PDF, pincha AQUI

Comentarios