F orientacióncondesa: INDICADORES PARA O DIAGNÓSTICO E ORIENTACIÓNS

sábado, 25 de agosto de 2012

INDICADORES PARA O DIAGNÓSTICO E ORIENTACIÓNS

No interesante blog Orientación Andújar atopamos un listado de materiais para o inicio de curso que poden ser moi útiles para responder ás demandas que, en moitas ocasións, acostuma a realizar o profesorado a principio de curso.

Teñen a finalidade de dotar ao profesorado de instrumentos para detectar posibles dificultades.

Entre outros podemos atopar indicadores para o diagnóstico e orientacións sobre os trastornos de espectro autista, trastornos de ánimo e psicóticos, trastornos do sono, trastornos da eliminación, outros trastornos (tics, movementos estereotipados, mutismo selectivo), problemas de conduta, disfuncións da percepción, disfuncións da atención, disfuncións da memoria, problemas de razoamento, trastornos do desenvolvemento psicomotor, trastornos da linguaxe oral, trastornos da linguaxe escrita, dificultades no cálculo, técnicas de estudio, altas capacidades, diabetes, epilepsia, alerxias, asma, síndrome de alport, síndrome de williams e síndrome de Prader Willi.

A continuación deixamos un enlace para poder acceder ao material.



Pincha aqui




No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest