F orientacióncondesa: FRENA O RUMOR

miércoles, 11 de julio de 2012

FRENA O RUMOR



Frena el Rumor é o nome da guía publicada polo Goberno vasco que ten o propósito de eliminar as falsas percepcións que, ás veces se teñen, contra as persoas inmigrantes.
Son numerosas as ocasións nas que se engloba a todo un colectivo de persoas cunhas características únicas e diferentes baixo unha mesma etiqueta que parece definilas totalmente: autista, síndrome de Down, inmigrante...
Esta guía pretende loitar contra os prexuízos que ás veces temos contra un grupo de persoas que se ven obrigadas a iniciar unha nova vida nun país alleo. Moitas veces aceptamos certas ideas como verdades inamovibles, o que nos impide ver a realidade tal como é.
Se queremos conseguir unha boa convivencia  é necesario aprender a non discriminar, a perder o medo ao que é diferente. Este é un dos obxectivos deste manual que, como din os seus autores, pretende ofrecer información onde existe descoñecemento, suxerir perspectivas de análise distintas e introducir elementos de dúbida en plantexamentos ríxidos e inamovibles que poidan ter o efecto de escudo e de semente.

Pincha no enlace para descargar a guía


No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest