ENTENDER Y ATENDER AL ALUMNADO CON TDAH/TA

Recentemente o Departamento de Educación da Comunidade de Navarra regulou, a través dunha orde foral,  como debe ser o apoio que se preste ao alumnado con necesidades  específicas de apoio educativo debidas a Dificultades de Aprendizaxe ou a un Déficit de Atención e Hiperactividade.
Nesta orde ínstase aos centros a incluir nos seus Plans de Atención á Diversidade como vai ser o apoio que require o alumnado con estas necesidades e a especificar nun plan de apoio específico as posibles adaptacións que se tomen a nivel curricular ou de avaliación.
Por este motivo, o Departamento de Educación do Goberno de Navarra publicou unhas guías para o profesorado, co fin de proporcionarlle unha información que lles permita "atender e entender" ao alumnado con Trastorno de Aprendizaxe ou con Déficit de Atención e Hiperactividade. 
Nestes documentos poderedes atopar información e pautas de actuación ante estas necesidades educativas de apoio específico. 
Que sexa benvida esta nova iniciativa para a atención do alumnado con TDAH e con Dificultades de Aprendizaxe . 
O Goberno de Navarra súmase así  ao Goberno de Canarias, que foi pioneiro en regular medidas específicas para o alumnado con necesidades nestes ámbitos.
Esperemos que outras comunidades se sumen tamén a regular as medidas encamiñadas a atención do alumnado con TDAH ou DEA porque: non todo van ser recortes, non si?
A continuación déixovos un enlace ás guías que tamén podedes atopar na páxina do CREENA















Por si che interesa:



Orden del 13 de diciembre de 2010 por la que se regula la atención al alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo en la Comunidad Autónoma de Canarias



Orden Foral  65/2012, DE 18 DE JUNIO, DEL CONSEJERO DE EDUCACIÓN, POR LA QUE SE REGULA LA RESPUESTA EDUCATIVA AL ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO DERIVADAS DE TRASTORNOS DE APRENDIZAJE Y TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDAD EN EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA, BACHILLERATO Y FORMACIÓN PROFESIONAL DE LA COMUNIDAD FORAL DE NAVARRA


Comentarios