F orientacióncondesa: DÍA INTERNACIONAL DO TDAH EN INTERNET

viernes, 13 de julio de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO TDAH EN INTERNET

 



A especial conmemoración deste día en internet ten o obxectivo de que a poboación tome conciencia das necesidades que poden presentar os afectados con TDAH e as súas familias.
Aínda que por unha parte, etiquetar a un neno movido como hiperactivo é moi habitual, por outra banda é bastante frecuente que os nenos con déficit atencional con ou sin hiperactividade pasen desapercibidos, non teñan un diagnóstico correcto ou que sexan cualificados de vagos e maleducados.
Un 6% dos nenos españois entre seis e dezaseis anos están diagnosticados cun Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade. Sen embargo, os expertos reclaman un mellor diagnóstico, pois denuncian que algúns deles non están valorados correctamente, mentres que outros ven demorado o diagnóstico no tempo.
Cando os nenos non son debidamente diagnosticados e tratados, o trastorno pode complicarse máis, ser máis difícil de resolver e ter consecuencias na idade adulta.
Hai que ter en conta que a valoración debe ser realizada por un profesional (pediatra, neurólogo, psicólogo) en colaboración coas familias e cos profesionais da educación e da orientación. Ademais en cada caso se determinará que tipo de tratamento debe ter cada neno, deixando a medicación para aqueles casos máis graves e tratando con outro tipo de terapias os demais.
A clave para unha boa actuación é a información. Como docentes debemos saber que características pode presentar un alumno con TDAH e como podemos actuar ante elas, xa que o descoñecemento provoca que, ás veces, as actuacións levadas a cabo non sexan as adecuadas.
A continuación tedes a vosa disposición os enlaces a unha serie de guías e á páxina de atención á diversidade deste blog.

Cartel informativo cos síntomas dun posible TDAH elaborado pola asociación malagueña de persoas con TDAH

Déficit de atención con hiperactividad: manual para padres y educadores. Publicación da asociación de Cantabria a partir do libro do mesmo título de Isabel Orjales

Manual para padres y profesores FEAADAH: Material de apoio para o traballo en equipo







No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest