SUPERDOTADOS E SUPERDOTADAS

A Junta de Andalucía publicou vai uns meses o documento "Orientaciones para la valoración de las capacidades cognitivas y aptitudes intelectuales" dentro do marco do Plan de Actuación para a atención educativa ao alumnado con neae por presentar altas capacidades intelectuais, que ten previsto desenvolver entre 2011 e 2013.
O documento resalta a importancia que ten a valoración global do alumnado para a identificación do alumno ou alumna con altas capacidades intelectuais e céntrase específicamente na avaliación da competencia cognitiva, sen entrar a valorar outras facetas.
Pretende difundir entre os profesionais da orientación educativa unha  información que sirva de base para a identificación temperá deste alumnado, así como os protocolos para a avaliación psicopedagóxica.
A guía aporta información sobre as altas capacidades, consideracións sobre a identificación temperá, sobre o tipo de excepcionalidade intelectual, instrumentos de detección e reseñas bibliográficas. Pero un capítulo da guía que me chamou a atención especialmente é o dedicado á detección de alumnas con altas capacidades intelectuais.
Si, con frecuencia, moitos nenos con altas capacidades pasan desapercibidos dentro do sistema educativo, aínda é máis frecuente no caso das nenas. Ao parecer elas teñen máis capacidade para camuflar o seu potencial, para pasar desapercibidas.
Una das súas características diferenciais é a da invisibilidade o que se traduce no número desproporcionado de alumnas con altas capacidades intelectuais identificadas con respecto ao número de alumnos con altas capacidades.
Este documento pretende axudar á comunidade educativa e, en especial aos profesionais da orientación, a establecer protocolos de identificación temperá que permitan diagnosticar a alumnas e alumnos con altas capacidades co fin de axustar os métodos de ensinanza ás súas necesidades específicas e, dese xeito, evitar que se corra o risco de que baixe o seu rendemento escolar por falta de motivación.

PINCHA AQUÍ  PARA DESCARGAR A GUÍA


  


Comentarios