F orientacióncondesa: ARABOARD PARA WINDOWS

viernes, 15 de junio de 2012

ARABOARD PARA WINDOWS



O mundo da comunicación aumentativa e alternativa está de noraboa, posto que xa está dispoñible a descarga de ARABOARD na versión PC para Windows.
Araboard é un conxunto de ferramentas para a comunicación alternativa e aumentativa, deseñadas por ARASAAC en colaboración con outras institucións, que teñen a finalidade de facilitar a comunicación funcional, a través de imaxes e pictogramas, a persoas que presentan dificultades nese ámbito. Ademais tamén pode utilizarse para crear taboleiros con rutinas ou para anticipar a realización dalgunha tarefa prevista de antemán.
As ferramentas complementarias que compoñen Araboard son ARABOARD CONSTRUCTOR (ferramenta para a creación e edición de taboleiros de comunicación a partir dos pictogramas) e ARABOARD PLAYER (ferramenta que executa os taboleiros de comunicación previamente creados)
É unha aplicación sinxela, gráfica, cómoda e intuitiva que nos facilita o traballo enormemente.
A continuación deixo un enlace para descargar o material e outro ao blog de José Manuel Marcos, no que moi amablemente está a colgar toda a información necesaria para a súa descarga e instalación.
Moitas grazas aos compañeiros de ARASAAC polo seu traballo e pola súa xenerosidade!



Xa se poden compartir e descargar taboleiros de comunicación realizados con ARABOARD no portal de ARASAAC!!. Pincha no enlace

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest