F orientacióncondesa: ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

miércoles, 6 de junio de 2012

ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS



A Consejería de Educación y Universidade do Goberno do Principado de Asturias pon a nosa disposición un material que pretende dar resposta educativa ás alteracións do comportamento  no contexto educativo.
O material está elaborado polo Equipo Específico de Alteracións do Comportamento e por profesorado do proxecto "Trampolín". Este último é un programa experimental específico para alumnado con alteracións graves do comportamento.
Esta ferramenta, que  pode ser utilizada en Educación Primaria e Secundaria, consta de un libro e cinco cadernos.
No libro preséntanse as bases teóricas das alteracións do comportamento, as posibles alteracións, os modelos explicativos e os factores de risco.
Nos cinco cadernos podemos atopar material para a intervención educativa na aula, no centro ou coa familia (Caderno 2) ; protocolos de demandas e proceso de intervención do EOE (Caderno 3) ; intervención familiar e cuestionarios (Caderno 4) ; información sobre o programa Trampolín (Caderno 5) e técnicas e estratexias de intervención con fichas descriptivas (Caderno 6).
Para maior información enlazar coa páxina de EDUCASTUR
 

Image







No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest