F orientacióncondesa: SCOOP.IT

domingo, 6 de mayo de 2012

SCOOP.IT


Hoxe gustaríame falarvos de Scoop.it, un sistema que nos permite recompilar información sobre un tema do noso interese (tópico), seleccionar aquela que nos pareza máis relevante e compartila con outras persoas.

Realmente faise moi necesario un sistema que filtre aqueles contidos que nos interesan, posto que existe gran cantidade de información a nosa disposición na rede.

Ademais Scoop.it tamén nos permite almacenar a información atopada e consultala nun futuro.

É polo tanto un sistema de curación de contidos e, ao mesmo tempo, unha rede social de contidos.

Unha vez rexistrados, a páxina pon á nosa disposición un espazo no que publicar os contidos que atopamos na rede que nos parecen interesantes.

Ademais ofrécenos a posibilidade de seguir a outras persoas con intereses parecidos aos nosos e compartir os seus enlaces, multiplicando así a cantidade de información á que podemos acceder.

Podemos crear varios tópicos (ata cinco na versión gratuíta) e alimentalos engadindo publicacións que poden conter enlaces, artigos, tweets, vídeos, presentacións ou simplemente unha entrada creada por nós.

Scoop.it é unha nova forma de compartir información na web a través dun sistema moi visual que podemos utilizar para actualizar a información sobre temas que nos interesan e como recurso para traballar na aula.

Invítovos a mergullarvos nos entresijos de scoop.it. Pero, coidado! Engancha!



No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest