F orientacióncondesa: PROYECTO AMBÉZAR 2

jueves, 10 de mayo de 2012

PROYECTO AMBÉZAR 2

Interesante e completa aplicación realizada polo colectivo Ambézar. Este grupo de traballo está constituído por varios profesionais da educación que se dedican a xenerar ferramentas e recursos para a intervención educativa desde a perspectiva da orientación.
Pretenden crear materiais que poidan servir de apoio para moitas das actividades que se xeneran no día a día en torno á diversidade. Ao mesmo tempo, o seu obxectivo é unificar criterios que faciliten aos profesionais da orientación dar unha resposta adecuada respecto á diversidade.
A nova  aplicación, do ano 2010,  axústase á nova normativa de atención á diversidade e pretende servir de apoio ao profesorado en xeneral e aos profesionais da orientación en particular
Ofrece  moitos e interesantes documentos, como: modelo de toma de decisións respecto á diversidade; formularios que recollen todos os aspectos que debe incluír un plan de atención á diversidade; documentos centrados nas competencias básicas para avaliar as necesidades do alumnado; información sobre as medidas xerais e específicas de atención á diversidade; programas de reforzo e apoio; casuísticas con exemplos; documentos de acceso á valoración do alumno e relacionados coa conduta; distintos  tipos de informes; enlaces a páxinas  web e normativa.
Existe unha ligazón a este proxecto nos Enlaces de interese da barra lateral dereita, aínda que tamén podedes acceder a aplicación  premendo na imaxe.
Por último,  agradecer a este colectivo que poñan á disposición de todos os profesionais tan xenerosamente un traballo de tantos anos. Espero que vos sexa de proveito!

No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest