PROESCRI: PROBA DE AVALIACIÓN DOS PROCESOS COGNITIVOS NA ESCRITURA

PROESCRI é unha proba estandarizada para avaliar os  procesos cognitivos na escritura, pensada para alumnado de Primaria.
Este instrumento editado polo Consejería de Educación do Goberno Canario inclúese dentro do Programa para la atención educativa al alumnado con altas capacidades e pretende analizar a competencia cognitiva na escrita en alumnos que, a pesar da súa condición intelectual, poidan estar presentando dificultades específicas de aprendizaxe na escritura.
Pero, ademais, tamén serve como ferramenta de identificación das necesidades educativas do alumnado en xeral que poida requerir apoio educativo neste ámbito.
A proba está formada por tarefas de distinta complexidade e avalía os procesos motores, sintáctico, léxico e de planificación. A estratexia que propón é descubrir cál é o proceso que presenta dificultades para tratar de  corrixilo.
No documento inclúense: os baremos para cada curso escolar (de 1º a 6º); o caderniño de aplicación; os criterios de aplicación, corrección e interpretación; un modelo de informe; a fundamentación teórica e xustificación estadística; outro caderniño para o vaciado das puntuacións  e unha folla resumo.











Comentarios