MEKANTA, programa adaptado deseñado pola ONCE






O pasado mes de abril a ONCE presentou o seu programa MEKANTA. Este programa está pensado para que todos os nenos da aula, incluso os que teñen unha discapacidade visual, aprendan dun xeito lúdico a manexar o teclado do  ordenador.
MEKANTA convértese pois nunha ferramenta útil para quen queira ensinar mecanografía desde idades  temperás.
O programa tenta unir motivación, autonomía e accesibilidade. Ademais respecta o ritmo e o desenvolvemento motriz dos alumnos e as necesidades educativas inherentes ao alumnado que presenta discapacidade visual.
Dun xeito dirixido vai propoñendo unha serie de actividades, xogos e leccións que introduce MEKANTA, un chimpancé da xungla. A través destas actividades preténdese que o alumnado adquira unha técnica correcta no manexo do teclado.
O programa preséntase en formato CD e distribuirase gratuítamente  entre os distintos centros e Equipos Específicos de atención educativa da ONCE.
Ademais pode descargarse desde o seguinte enlace que proporciona a páxina web da ONCE:






Comentarios