FERRAMENTAS DE XESTIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS NO SECTOR EDUCATIVO

Interesante páxina web da fundación para a prevención laboral, que proporciona á comunidade escolar ferramentas de xestión dos posibles riscos psicosociais no sector educativo.
As ferramentas de traballo que presenta son as seguintes:
  • Cuestionario de auto valoración de Riscos Psicosociais no ensino.
  • Cuestionario de auto avaliación do burnout ou síndrome do queimado.
  • "Test de saúde total" de Langner-Amiel.
  • Protocolo de actuación fronte o acoso laboral (Mobbing).
  • Protocolo de actuación  fronte o acoso escolar (Bullying).
  • Documentación (pdf)
  • Presentación animada sobre Riscos psicosociais no sector educativo
Trátase dun instrumento preventivo que facilita a xestión dos posibles  problemas de carácter psicosocial e pretende facilitar a xestión destas situacións, promovendo un clima favorable que reverta na mellora da saúde e a seguridade da propia comunidade.



Comentarios