COOMPONE

Coompone.com é un portal de escritura en grupo, que pode ser aproveitable como ferramenta 2.0 para traballar a elaboración de textos colaborativos na clase.  
A través desta páxina web podemos conseguir fomentar o interese do alumnado pola escritura, facilitar o traballo en grupo e, ao mesmo tempo, desenvolver a creatividade e a capacidade para a composición literaria.
Permite crear letras (poemas e letras de cancións de extensión reducida), pero dun xeito colaborativo e dinámico. Podemos continuar as propostas realizadas por outros usuarios ou ben iniciar nós as propias. Se somos nós os que comezamos o texto, os demais poden enviar distintas continuacións para o mesmo e nós escoller a máis votada ou a que máis nos guste.
Os autores son todos aqueles usuarios que participaron no proceso de creación da letra. Temos a posibilidade de restrinxir a participación, de xeito que só poidan realizar propostas nunha letra os usuarios que nós invitemos.
No portal da páxina propóñenese varias dinámicas para traballar con Coompone na aula.
A utilización desta ferramenta pode supoñer un incentivo para o alumnado ao resultarlle novidosa e máis atractiva que as actividades de composición escrita tradicionais.
Por outra banda a posibilidade de traballar o texto en equipo facilita dar renda solta á creatividade e  resulta máis estimulante que en solitario, en especial para aqueles alumnos aos que escribir lles resulte máis difícil.
Unha vez rematada a letra podemos publicar o resultado e, incluso, poñerlle música cando se trata da letra  dunha canción. Esta opción incrementa a motivación do alumnado.
A continuación déixovos o enlace da páxina web



Comentarios