F orientacióncondesa: Leo con Lula

lunes, 30 de abril de 2012

Leo con Lula



Leo con Lula é o nome dun blog enfocado a traballar o método global de lectura con persoas con Trastorno de Espectro Autista. O proxecto apoiáse nas TIC, especialmente na pizarra dixital, aínda que tamén pode funcionar en ordenador. Como base do apoio visual utiliza os pictogramas de ARASAAC.
Vai dirixido a persoas con autismo que, ou ben se inician na lectoescritura, ou ben non tiveron éxito con outros procedementos convencionais. Tamén pode ser aplicable a outras persoas con limitacións na comunicación.
Ten varios apartados que explican as distintas fases do método e unha zona de descargas. As autoras, Lupe Montero e Laura Muniño, mestras do Centro Educativo APNABA (Badajoz), contan con gran experiencia no traballo con nenos destas características.
Este proxecto foi premiado na III Edición do Premio Talita Impuls como mellor experiencia docente de integracion das TIC para alumnado con neae.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest