F orientacióncondesa: Avaldia

martes, 1 de mayo de 2012

Avaldia

Os vindeiros día 23 e 24 de maio terán lugar en todos os centros de Galicia as probas de avaliación diagnóstica correspondentes ao curso 2011-2012.
Con estas probas preténdese valorar o nivel de desenvolvemento do alumnado na competencia lingüística, matemática e de coñecemento e interacción co medio físico.
Todo o alumnado escolarizado en 4º de Primaria deberá cumprimentar un caderniño por cada competencia avaliada. As probas se realizarán desde primeira hora da mañá e serán corrixidas conforme unhas plantillas a tal efecto.
O resultado da avaliación tomarase como punto de partida para iniciar un proceso de reflexión  sobre a práctica educativa co  fin de introducir os cambios que se consideren oportunos para mellorar os resultados.
Non se trata, pois, dunha avaliación individual nin os resultados  inciden nas notas dos alumnos.
Ademais o alumnado, as familias, a dirección do centro e o profesorado titor dos grupos avaliados cubrirán un cuestionario de contexto.
.

No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest