F orientacióncondesa: Aprender a estudar

miércoles, 18 de abril de 2012

Aprender a estudar


Unha das competencias básicas que debe adquirir o alumnado é a de aprender a aprender. Si un alumno acada esta competencia será quen de adquirir o coñecemento dun xeito autónomo, terá conciencia da súa propia capacidade e das estratexias que debe desenvolver para aprender.
Para adquirila é fundamental estar motivado cara a aprendizaxe e saber utilizar adecuadamente as técnicas de estudio.
As técnicas de estudio son tarefas que realiza o alumnado cando estuda, como por exemplo explorar o texto, lelo, repetir, subliñar, resumir, esquematizar... Estas accións chegan a formar parte da súa rutina de traballo.
Mediante as técnicas de estudio podemos crear un hábito e mellorar os resultados do alumnado.
É moi importante traballalas desde o principio, co fin de conseguir que os nosos alumnos as empreguen para acadar os seus obxectivos dun xeito autónomo. Cando un alumno é quen de seleccionar que técnica debe usar ante unha tarefa determinada, é dicir, sabe como afrontar unha tarefa, esta convértese nunha estratexia de aprendizaxe.
Debemos fomentar a motivación do noso alumnado e a súa curiosidade intelectual. Ademais promover, desde que son cativos, a adquisición de hábitos e técnicas de estudio e fomentar a autonomía, comprobando, ao mesmo tempo, que utilizan as distintas técnicas, que lle imos ensinando, cando é adecuado. Todo iso lles permitirá ser máis competentes.
Hoxe en día coa irrupción das TIC nas aulas, as estratexias de aprendizaxe e as técnica de estudo tradicionais conviven coas novas opcións tecnolóxicas e, incluso, ás veces, adáptanse a elas.
Un bo uso pedagóxico das TIC nas nosas aulas pode representar unha excelente oportunidade para que o noso alumnado aumente a súa motivación, a súa creatividade, a súa curiosidade, para que adquira unha maior autonomía na aprendizaxe e moitas das destrezas que necesita para aprender.
A continuación tedes un enlace para unha páxina interactiva que consta de varios apartados relacionados co estudio: consellos, xogos, exercicios on line...
Espero que vos sexa útil e vos dea ideas sobre como mellorar as vosas técnicas de estudio.

Aprender a estudar (Junta de Castilla y León)


No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest