21 de marzo: Día Mundial das persoas con Síndrome de Down

O pasado 21 de marzo celebrouse o Día Mundial do Síndrome de Down. Non é casualidade que se escollese esa data. O motivo para elixila é que fai referencia á triplicación do cromosoma 21 (mes 3, día 21). Este ano as Nacións Unidas aprobaron a inclusión desta data no calendario oficial.
Con esta conmemoración preténdense reivindicar os dereitos deste colectivo, así como sensibilizar a poboación cara as persoas con esta discapacidade intelectual. Desde o noso blog unímonos a esta celebración.
Por unha educación en e por a diversidade!

Comentarios