COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA

"Y ahora,
vamos a las aulas.
Los habitantes del silencio 
(como los llamaba Ángel Rivière)
nos esperan.
Cuando sus silencios son escuchados,
 sus mensajes son traducidos
y les posibilitamos influir en su entorno,
 nuestra vida,
 y no sólo la suya, 
se enriquece.
No hay barreras,
 no hay distancias,
 ni  siquiera hay tantas diferencias.
Vamos..."

Extraído de "Las voces del silencio. Una comunicación sin límites" de Mª Lucía Díaz Carcelén






A comunicación aumentativa e alternativa (CAA) é un conxunto de estratexias e métodos de comunicación utilizados por persoas con diversidade funcional, en especial con discapacidades específicas que non lles permiten a comunicación a través da linguaxe. A través destes sistemas faise posible que manteñan unha relación comunicativa con outras persoas.
A continuación incluímos unha relación de enlaces que vos poden ser útiles. Non pretende ser un listado exhaustivo, senón mencionar aqueles que nos parecen interesantes


ABLAHAplicación para utilizar en Ipad, Iphone e Ipod Touch con posibilidade de personalizar a voz e de engadir imaxes. Ideada para persoas con TEA ou que perderon a capacidade de falar. Utiliza pictos e imaxes de Arasaac

ARASAACPortal con recursos gráficos moi prácticos para facilitar a comunicación daquelas persoas cunha discapacidade específica nesta área. O material actualízase a miúdo e é de gran utilidade
 ARABOARDconxunto de ferramentas deseñadas para a comunicación alternativa e aumentativa coa finalidade de facilitar a comunicación funcional, mediante o uso de imaxes e pictogramas a persoas que presentan dificultades no ámbito da comunicación funcional. Ademais tamén pode utilizarse para cerar taboleiros de con rutinas ou para anticipar a realización dalgunha tarefa prevista de antemán. Manual para su instalación en PC de J.M. Marcos de Informática para Educación Especial. Manual parte II. Manual parte III. Manual parte IV.
Xa está dispoñible tamén para Android. Enlace á entrada de Informática para Educación Especial
ARAWORDAplicación informática, de libre distribución, que consiste nun procesador de textos que permite a escritura simultánea de texto e pictogramas, facilitando a elaboración de materiais e a adaptación de textos para as persoas que presentan dificultades no ámbito da comunicación funcional
AZAHARAplicacións gratuítas e personalizables de comunicación, ocio e planificación. Pode executarse a través do ordenador ou de móbil. Dirixida a persoas con TEA ou con discapacidade intelectual
BALUHAplicación desenvolvida para dispositivos Ipad. Iphone e IpodTouch. Este comunicador utiliza os pictos de Arasaac. Debe adquirirse a través da plataforma de compra ITunes. O seu prezo é simbólico
 BARECABase aragonesa de recursos educativos de comunicación aumentativa
COMUNICACION SIN HABLA. COMUNICACION AUMENTATIVA Y ALTERNATIVA ALREDEDOR DEL MUNDOGuía para a CAA. Contén os conceptos básicos e a metodoloxía para comunicarse con persoas que teñen problemas na fala e para elaborar taboleiros e libros de comunicación. Está pensado para usarse por profesioanis, familiares e acompañantes de persoas que utilizan CAA
CPA (Comunicador Persoal Adaptable)Sistema de comunicación para persoas con problemas graves de comunicación. Existe versión para PC e para dispositivos tipo Ipod, Ipad e Iphone. É totalmente gratuíto. Utiliza pictogramas de Catedu-Arasaac
DILOComunicador para Android, que permite ao usuario con diversidade funcional comunicarse. As frases poden ser reproducidas no altavoz do dispositivo Android ou combinadas para crear e enviar mensaxes de SMS ou de correo electrónico. Na propia páxina atópase o manual de uso
E-MINTZASistema personalizable e dinámico de comunicación aumentativa e alternativa dirixido a persoas con autismo ou con barreiras de comunicación oral ou escrita. Existe unha versión para Windows e outra para Android
In-TIC (Integración das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nos colectivos de persoas con diversidade funcional)É unha aplicación gratuíta que pretende utilizar a tecnoloxía en beneficio das persoas con diversidade funcional e, en especial, aquelas con dificultades de comunicación. Existe unha versión para móbil
MATERIAL DIDÁCTICO DE APOYO A LA COMUNICACIÓN BASADO EN EL SPCMaterial elaborado por un grupo de profesionais do ensino do CEE "Joan Miró"
MESSAGE TTsAplicación, realizada por Accegal, que permite reproducir mediante o sintetizador de voz o texto introducido por teclado. Destinada a persoas con problemas de comunicación que afecten á fala. As mensaxes almacénanse no historial de mensaxes do usuario. Posúe un botón na pantalla principal para acceder ás accións frecuentes
MESSENGER VISUALPrograma de mensaxería instantánea gratuíta realizado en base a pictogramas, que permite a persoas con dificultades para comunicarse acceder a un servizo que antes tiñan vedado
PICAAPlataforma que permite a creación e personalización de diversas actividades para nenos con nee. Funciona con Iphone, Ipad e ipod Touch
PICTODROID LITEAplicación sinxela e gratuíta para dispositivos Android que permite aos usuarios comunicarse a través dos pictogramas de Arasaac. Esta versión unicamente permite expresar accións moi concretas. Existe tamén a aplicación Pictodroid, que está aínda en fase beta. As aplicacións son creación de Accegal,proxecto galego de colaboración entre un centro público e un grupo da Universidade de Vigo da Facultade de Telecomunicacións. Na mesma páxina pode descargarse o manual de usuario
PICTO-SELECTORAplicación gratuíta para Windows baseada en pictogramas de sclera.be, Arasaac e straight-street.com. Dispoñible en inglés, francés e español
PIKTOPLUSComunicador baseado no sistema pictográfico SPC. Pode configurase en 3D e personalizarse. Pena que sexa tan caro!
PROYECTO COMUNICAConxunto de ferramentas totalmente gratuítas e de libre distribución para axudar ao profesorado no seu traballo diario con alumnados con déficits na fala e na linguaxe
PLAPHOONSComunicador realizado dentro do Projecte Fressa pensado para persoas con discapacidade motórica. Abundante material na páxina do proxecto: editor de taboleiros, teclados, lectura de textos...
PROGRAMA ARCÓNPermite a comunicación a través dunha plataforma dixital ás persoas que por algunha circunstancia non poden expresarse oralmente. Pódese utilizar en ordenadores (sistemas operativos Windows, Linux y Mac), en pizarras dixitais, en tabletas PC, en dispositivos móbiles (sistema Android) e na consola Nintendo DS. Púlsase sobre o concepto que se quere expresar e se transmite a mensaxe de xeito visual e auditivo
SCLERA PICTO'sColección de pictogramas clasificados en categorías. A páxina está en holandés, inglés e francés. Pode descargarse todo o bloque ou aquel que nos interese
SPCSímbolos pictográficos para a comunicación que representan dun xeito bastante claro as palabras e conceptos máis habituais na comunicación cotiá. No enlace que se adxunta poden atoparse estes pictogramas e moito máis material
TICO (Taboleiros Interactivos de Comunicación)É unha aplicación informática para xerar e utilizar taboleiros de comunicación de forma interactiva
VIRTUALTECAplicación, realizada por Accegal, para persoas con discapacidade motórica. Trátase dun teclado virtual de axuda á comunicación oral e escrita co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Dispón tamén dun sintetizador de voz para a lectura das mensaxes

E máis...

Nova versión Pictodroid Lite v.3.1

Mi comunicador de pictogramas: primeiro documento da CEAPAT, da serie Tecnoloxía e Comunicación, con información sobre os comunicadores de pictogramas



Mi software de comunicación: segundo documento da CEAPAT,  da serie Tecnoloxía e Comunicación,  con información sobre software de apoio para a comunicación


Decálogo sobre el uso de comunicadores digitales para niños con autismo : entrada de Autismo Diario que pretende orientar as decisións ante a crecente oferta de aplicacións

Aula Abierta ARASAAC: "Espacio en el que formarse libremente"

#SoyvisualSistema de Comunicación Aumentativa que utiliza claves visuales para estimular el lenguaje y ayudar a personas con necesidades a comprender el mundo y comunicarse

ACCEGAL: Comunicación y accesibilidad en dispositivos móviles


Pictoaplicaciones: aplicaciones desarrolladas con pictogramas para ayudar a las personas que tienen dificultades de expresión  oral a progresar en su comunicación y comprensión de conocimientos


Planeta Visual: guía de recursos para la intervención psicopedagógica en personas con TEA, basada en las dimensiones del IDEA

PICTEA Habla con pictogramas: aplicación que favorece el desarrollo y mejora del lenguaje tanto oral como escrito en edades educativas básicas y en trastornos del espectro autista 

SymboTalkcomunicador multiplataforma de descarga gratuita para PC e para dispositivos móbiles con sistema operativo Android e iOs. Pódense crear tableros de comunicación aumentativa que conteñan dese 4 ata 50 celdas

Comentarios

  1. Natalia muchas gracias por dejarme el comentario en el blog....sigo esperando por Enrique Iglesias ja,ja,ja. Acabo de darme un vistacillo por tu blog y ¡Enhorabuena! porque está muy chulo. Muchas gracias por compartir todos estos enlaces tan interesantes. Les tengo que dar un vistazo a algunos de ellos que no conozco :-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Carmen! Gracias a ti por tu visita y por tu comentario. Me alegra que te guste el blog. Yo también sigo el tuyo con interés! Un saludo!

      Eliminar

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario